SI
por aventura algun dos nosos leutores cayeu na tentaçon de siguir o,
curso desta hestorea, xa pensará que nos olvidamos de Gonçalvo, a quen
deixamos en Valladolí, esperando pol-o que non lle acababan de dar. Ao
fin, o dia 3 de Febreiro, pol-a mañanciña ben cedo, pudo sair de
Valladolí, botando niebla e pestes. Mais, por eso, a Santiago non
chegou hastra mediados de Marzo. O amo estaba que bufaba; ao primeiro
non se apurou cousa, ademais de téer bastante pachorra, xa contaba con
que as cousas do paço van por despacio. Pero asi que pasaron dous
meses,
[páx. 114]
non sabía si incomodarse con Gonçalvo, si maxinar que o roubasen (ou o
matasen no camiño, ou qué pensar. Estivo para mandar outro propio a
Gamarra, ou escribirlle siquiera; mais, esperando que vindría dun dia
para outro, foino deixando, hastra que o 13 de Marzo aa xunta da noite,
apareceu Gonçalvo aa porta da casa. Viña tan desencaixado, tan fraco,
tan esgumiado, que Froitoso, así que o veu, dou un paso atrás e
púxose a mirar fit' a fito para él, como quen quixese averiguar onde
estaba alí o Gonçalvo d' antes:
¿Qué tiveche? ¿qué che pasou, Gonçalvo?
prorrumpeu, para sair do seu asombro.
É largo para contar contestou Gonçalvo con voz
dieble, deixándose caer, mais ben que sentándose, nun sillon. Gracias
a Dios que cheguey con vida a Santiago.
O amo, véndoo así tan acorado e sin ánimo:
Vaite, vaite para a cama díxolle
que xa che levarán
algunha cousa quente que che gorente e dea forzas.
Gonçalvo levantouse, e señalando aa chamarra que tragía
posta:
Aquí trayo cosida-ouservou-a carta que me dou o Sr.
Francisco Gamarra. Xa a subirey ou lla mandarey a sua mercé.
[páx. 115]
Ben, ben, vaite a descansar.
Pero, pasada como unha hora, a Froitoso non lle coupo o pan
no corpo, e baixou a ver ao criado. Por suposto, xa o hachou metido na
cama; e xa lle levaran un pouco de caldo, unha gota de bóo viño, e non
sei que outras augas fervidas.
Así que Gonçalvo veu ao amo no seu cuarto,
peleou para sentarse no leito.
Déixate, déixate estar díxolle Froitoso, achegándose aa
cama ¿Qué tal te encontras agora?
Señor, estou moy dieble, pero desque me vin aquí, paréceme
que vou rivivindo. Cando non deixei os meus osos en Pedrafita, foy
porque Dios non-o quixo.
E logo ¿qué che pasou?
Señor, salin sin novedá de Valladolí, así siguin
hastra Astorga, pero en Astorga empezou a doerme a cabeza e a barrérseme
a vista, que me costaba traballo sosterme a cabalo. Ao mesmo tempo
sintía dentro unha secura, que parecía que me ardian as entrañas.
Bebía, bebía, e canto mais bebía, mais fogo sentía no peito. Así
fun andando, hastra chegar aos montes de Pedrafita. Tendría subida como
a metá do porto, cando empezou todo a andar ao redor de min, e a bailar
a terra debaixo dos pées. Baixeime do
[páx. 116]
macho, mal como pudén, e ateino a un carballo, e senteime no suelo, a
ver si me serenaba un pouco; non sei o tempo que estaría deste xeito,
pero a cabeza, que tiña suxeta entre as maas, cada vez mais me voaba.
Estiven así hastra que sintin que se chegaban a min como dous bultos
que me pareceron dous frades a cabalo. Non podo dar razon do que me
dixeron; soilo me procatey de que un mozo, que despois soupen que era o
criado que os acompañaba, axudoume a levantar e foime levando, collido
do brazo, hastra o convento de Cebreiro. Leváronme direito aa cama,
despois non soupen o que foi de min. Segun despois me contaron, dous ou
tres dias estuven sin conocemento; cando volvin en min, parecíame que
volvía d' outro mundo, todo para min era novo, miraba para todas partes
abrayado como para buscar un conocido que me dixese unha palabra de
agarimo; e véndome naquel desemparo, reventei a chorar como un perdido.
Os frades (Dios lles faga ben), consolábanme e cuidábanme como si fose
fillo. Víñanme a facer compaña ao meu retrete, pois sacáranme da
hospedería para que estivese mais tranquilo, e alí, cas suas boas raçoos
e doces palabras, tempraban a miña amargurança. Sua mercé xa pode
considerar en qué brasas
[páx. 117]
estaría en naquel leito. Os frades alonmiñaban canto podían,
enxergábanme muy boos conselIos, que a veces caían no meu curaçon como
bálsamo reparedor. Pero eu, alí, estaba como con grillos, e a miña
ansia era romper as lazadas que me tiñan trincado. Ao cabo de vinte
días, comecey a levantarme da cama, pero tan dieble, que non podía dar
unha pasada por min solo. Fúnme repoñendo pouco a pouco e, aos dous ou
tres días, xa me quería poñer ao camiño. Non me deixaron os frades,
hasta que por fin acertaron a pasar por alí uns peregrinos d' Aragon,
que viñan para Santiago. Dormiron tamen no convento, e eu xa non me
contuven. Ofrecéronseme a acompañarme, e, como eu non deseaba outra
cousa, parecíame que iba a tragar o camiño. Vin ao fin, con bastante
traballo, mais, a Dios gracias, xa me encontro na casa, e agora ben me
decato que casi foy por milagro.
Ben, ben díxolle Froitoso pasándolle a man pol-a cabeza e
agarimándoo, e despois de escoitalo pois agora descansa, que, si Dios
quere, pronto te has de repoñer. Mañan non te levantas da cama, que
falla che fará descansar. Dios mediante, dentro de cinco ou seis dias
xa estarás como un buxo, e despois trataremos das tuas cousas.
[páx. 118]
Esto dicindo, recolleu a carta de Gamarra, que o criado sacou de
debaixo do traveseiro e lle puxo diante, e retirouse para o seu
aposento.
Gonçalvo, apadumado como estaba ca door, co cansancio e ca falta
de sono, durmeu aquela noite como un leirón. E, nefeuto, aos catro ou
seis dias, xa o home quería facer das suas. Xa fora ver a Taresa, xa se
henchera de falar con Catuxa; xa tratara co amo sobre o modo de arranxar
o casamento; xa soñaba co seu novo estado, como si o tivera xa na man;
xa, en fin, vendo tan preto o día da sua dicha, daba por ben pasado
todo canto sufrira e aguantara. Si non que o dia 20 de Marzo ao mediodía
recibeu o amo unha carta do moordomo que tiña en Boiro, en que lle
decía que os franceses desembarcaran no Xobre e na Puebla e que fixeran
mil estropicios, roubaran, queimaran, arrasaran e non deixaran cousa con
cousa.
De estas fechurías xa había alguns anos que, logo que chegaba a
primaveira, facian os señores franceses nas nosas costas. Mais neste
ano, segun contaban uns mercaderes que acababan de chegar da Rochela, o
Rey cabaleiro, aliado co Turco (¡boo cabaleiro nos dea Dios!) querendo
tomar vinga da derrota do Duque de Cleves, mandara preparar unha
espedicion para
[páx. 119]
atacar os portos de Galiça. Asi foy que cando veu a noticia do desembarco
dos franceses na Puebla, que se soupo por varios condutos, todo o mundo
se alarmou e se sacudeu como pudo. Moitos foron os que acudiron ao sitio
do peligro, e a Froitoso de Ulloa, que tiña bastante que perder por
aquela parte, xa lle tardaba o outro dia para poñerse en camiño para
Boiro.
Correu a noticia por toda a cidá, como unha esalacion, e,
ao pronto, nadie se acordou mais que de detestar a vilanía dos franceses
e de prepararse e apertrecharse para á defensa. O Conde de Castro,
capitan general de Galiça, puxo vigías en todol-os portos, ca orden de
que lle desen inmediatamente aviso de todo canto poidesen pispiar pol-as
costas, e, ao mesmo tempo, dou parte a Sua Alteza, o Principe D. Felipe,
gobernador do Reino, do que pasaba.
O caso sóupolle a Gonçalvo como si lle arrancaran as maos; pois
vía de novo aprazado o casamento hastra sabe Dios cando. Mais, por eso,
de esta vez tiña alguns motivos para estar mais tranquilo. En primeiro
lugar, parecíalle que Catalina volvía a estar por él como antes; pois
habéndolle contado todol-os lances do viaxe, cánto pasara en
Valladolí, cómo estuvera para morrer no medio d' un monte, cómo sa-
[páx. 120]
nara, casi por milagro, cómo, no oustante todo esto, a memoria de
Taresa
non se apartara un instante da sua imaxinacion, a boa da muller empezou
a abrandar, e as bágoas a correrlle fío a fío, e casi lle daba a
entender que, si en ela consistira, xa no auto lle outorgaba a man da
filla. Por este lado estaba o home satisfeito. En segundo lugar, Gonçalvo
tiña postos os ollos nos bees, que o amo tiña para aquela banda. Sobre
eles botaba as suas contas, e pouco lle faltaba para miralos como seus;
Asi foy que, correr con Froitoso a defendelos, non lle pareceu cousa que
houbese que levar tanto costa a arriba. Por eso, co trafego e todo que
houbo aquela tarde na casa de Froitoso para facer o aquipaxe, ainda pudo
facer unha escapada para decirlle adios a Catalina e a Taresa.
Ao outro dia sairon nefeuto para Boiro, con boo convoy, e,
chegado que foy Froitoso aas suas terras, começou a repartir os
mosquetes, chuzos e sabres entre os seus caseiros, e a darlles as ordees
convenientes para que estouvesen ben prevenidos e avisados.
|